Educación en Esparta (II)

300px-amphora_warrior_departure_louvre_f12Cando os rapaces chegan á adolescencia o aidós (“pudor”, “decencia”) convertese nunha parte importante do adestramento. Na primeira idade adulta o máis importante será a emulación e a competencia para que un poda chegar a formar parte dos “Hippeis”.

Os Hippeis era en grego antigo o que nós denominamos cabalería. Estes cidadáns podían permitirse manter un cabalo ó servizo do Estado en tempos de guerra. Entre os espartanos estes compuñan a garda real que inicialmente eran usados para infantería pesada e máis tarde na cabalería.

Unha das cousas que facían para adestrar ós rapaces fisicamente era darlles con varas de madeira. Nun afastado bosque o que se facía era escoller unha árbore robusta, ó tronco enganchábase unha cadea e a este un pau. O rapaz o que facía era agarrar o susodito pau mentres outros dous lle pegaban. Estes usaban varas de bambú e si o rapaz que recibía os golpes caía de esgotamento ou dor tiña outros dous compañeiros que se encargaban de erguelo para que puidese seguir recibindo golpes.

A finalidade de tal exercicio era aprender a aguantar mellor a dor, e para os que se encargaban de dar a malleira era non deterse no ataque aínda que o inimigo sufrise unha gran dor. Para os que se encargaban de suxeitar era que aínda que visen sufrir ou morrer ós seus compañeiros fixesen caso omiso e seguisen ca misión que lles fora encomendada.

Había casos de rapaces que por non caer os pés dos seus amigos por mor da dor preferían morrer ca malleira. Estes non podían facer outra cousa que aconsellarlle ó rapaz que se retirase máis si este decidía non facelo a cerimonia seguía ata que o rapaz morría.

As rapazas non eran caso a parte na educación espartana, estas recibían unha educación que lles era proporcionada polo Estado, baseada na ximnasia,no atletismo e por suposto na loita e cuxa finalidade era capacitalas para ter fillos fortes e sans. Os demais gregos mofábanse delas pola vida dura que levaban mentres as súas fillas estaban encerradas na casa. Mentres o resto das gregas levaba unha vida caseira ,tranquila e aburrida por mor de que estaban sempre sometidas a alguén, as espartanas practicaban os mesmos deportes e participaban nos mesmos concursos que os homes. Non había separación de sexo e ambos ían espidos para que puidesen moverse mellor. Menos nos Xogos Olímpicos e nalgunhas outras cousas no demais podían participar coma calquera home,isto incluía actos relixiosos,cerimonias,procesións,etc. Así pois, as espartanas tiñan fama de mulleres fortes e duras, capaz de matar ó seu propio fillo se fuxía do campo de batalla e alegrarse da súa morte si este morría na batalla e os espartanos obtivesen a vitoria.

A igualdade entre homes e mulleres era un perfecto exemplo de cooperación , o que asombraba ós estranxeiros que chegaban a Esparta. Nunha ocasión a muller dun estranxeiro preguntoulle estrañada á muller do rei Leónidas por que as espartanas eran as únicas mulleres en igualdade de condicións que os homes, ó que ela respondeu: “Será porque soamente nós parimos homes de verdade”.

As mulleres de Esparta,a diferencia da costume de casarse ós quince anos, facíano ós vinte e tiñan total liberdade para escoller ó seu marido. As mulleres deixábanse “secuestrar” polo home que elas escollían e durante un tempo víanse con eles.

Legalmente a muller non tiña obriga ningunha con respecto ó matrimonio, e ademais, a lei permitíalles ter amantes así que non resultaba raro que unha muller levase á súa casa a un rapaz novo.

A veces as mulleres recibían a herdanza de seus pais polo que non era raro ver algunhas vivindo libremente.

Published in: on Marzo 25, 2009 at 10:31 am  Deixar un comentario  

Educación en Esparta (I)

12_agoge

A educación en Esparta, chamada agogé (do grego “ ἀγωγή” , “conduta ou movemento”), foi un dos rasgos máis característicos da Esparta xunto á militarización colectiva. A agogé foi unha rigorosa formación que debía seguir todo o xénero masculino. Este adestramento incluía, entre outras cousas, unha preparación social, que incluía a danza, a lealdade ó grupo e por suposto a formación militar.

O obxectivo de este tipo de entrenamento era crear un espartano de forte moral e físico para que servise no exército espartano. A estes futuros soldados inculcábaselles a idea de que o Estado era máis importante que o seu propio interese individual. Dicíase que estes homes serían as murallas de Esparta,as cales foran demolidas por Licurgo, “porque Esparta era a única cidade grega sen murallas defensivas”. Este tipo de disciplina, como se pode comprender, era moi estrita e obrigaba ós homes a loitar entre si para determinar cal de eles era o máis forte.

Cando un rapaz cumpría os sete anos, este era separado da súa nai e poñíase a cargo dun paidónomo, que sería un maxistrado especializado que se encargaría da educación do rapaz. Este neno era integrado nunha unidade militar infantil denominada agelé baixo a supervisión dun rapaz maior de dezanove anos chamado irén. En ese lugar sería onde aprenderían a cantar,ler e escribir aínda que esta última soamente a nivel indispensable. Aínda así, esta parte non era o máis importante do seu adestramento senón formalos fisicamente a través de medios coma a loita e o atletismo. Aprenderían tamén a manexar as armas e a marchar en formación, e por suposto a obedecer cegamente ós seus superiores.

Este neno crecía baixo a tutela do Estado ata que cumprira os vinte anos. Ó principio o que primeiramente aprenden os rapaces son a disciplina espartana. A estes cortábaselles o cabelo ó cero e non se lles permitiría vestir con nada máis ca un himatión (un manto de la ) aínda que a maior parte do tempo ían espidos e sucios, pois a estes non se lles permitía ducharse case nunca. Respecto á comida esta era reducida ó indispensable o que obrigaba ós rapaces a roubar si querían sobrevivir. As consecuencias de ser sorprendidos eran castigos severos mais non por o roubo en si se non pola súa torpeza ó cometer o dito roubo. Pese a este duro adestramento os nenos tiñan á súa disposición unha serie de servidores que os atenderían, menos durante a Krypteia.

A Krypteia ( en grego κρυπτεία, de κρυπτός (“agochado”, “segredo” ) era unha proba da agogé de gran esixencia e dureza. Aínda que non se sabe moito ó respecto, cada ano os éforos espartanos (dos que falaremos máis adiante) declaraban a guerra ós ilotas co fin de poder matalos sen que iso se convertese nun crime. Os xoves máis capaces eran enviados ó campo sen roupa,descalzos e como única arma un puñal. Estes mantíñanse agochados durante o día e de noite ían ás granxas dos ilotas e mataban a todos os que atopaban e roubaban todo o que necesitaban.

Ós quince anos, cando se convertían en efebos , deixaban o cabelo longo propio dos soldados, limpo e perfumado.

Calquera cidadán podía sancionar a un neno se este facía algo mal pois toda a cidade velaba pola disciplina dos xoves. Nambargantes, esta violencia iría aumentando ó longo do tempo deixando a un lado as
verdadeiras necesidades militares da cidade.

Published in: on Marzo 25, 2009 at 10:29 am  Deixar un comentario