Política en Esparta

gerousiaEsparta, a diferencia de outras cidades gregas, estaba gobernada por dous reis das familias Agíadas e Euripóntidas, as cales, segundo a lenda, proviñan de dous xemelgos descendentes de Heracles e polo tanto ambas tiñan a mesma autoridade tanto relixiosas,coma políticas, administrativas e xurídicas.

Durante as épocas de guerras estes reis eran os comandantes supremos do sacerdocio e do exército; mentres un rei protexía Esparta o outro ía para o combate.

Os diarcas presidían a Xerusía, que era un consello formado por vinteoito anciáns maiores de sesenta anos e os dous reis. Encargábase de preparar proxectos os cales tiñan que ser aprobados pola Apella (unha asemblea popular da que falaremos máis adiante). Os reis que fosen acusados polos éforos serian xulgados na Xerusía.

Os éforos (do grego Ἔφορος, “aquel que supervisa”) eran os maxistrados dos antigos estados dorios da Grecia. En Esparta había cinco éforos, os cales eran escollidos cada ano e tiñan un papel de fiscais da vida pública e tamén das accións dos reis. Presidían as reunións da Xerusía, estaban a cargo dos xuízos, controlaban a recadación dos impostos, dirixían o entrenamento militar e tamén a política exterior. Estes tamén se ocupaban de procurar un equilibrio entre ámbolos dous reis da Esparta.

A Apella, da que falamos anteriormente, era unha asemblea popular que se encargaba de rexeitar ou aprobar as mocións plantexadas pola Xerusía. Descoñecese a idade mínima para formar parte da Apella nin a frecuencia exacta das súas reunións, aínda que se pensa que podía ser cada mes , cando a lúa estaba chea.
As decisións que se tomaban na Apella non se adoptaban por votación senón por aclamación, e dicir, estimaban o volume dos clamores que acompañaban ó enunciado do candidato.
Os gerontes eran tamén membros da Apella polo que podían influír na decisión das propostas presentadas pola Xerusía.

Published in: on Marzo 25, 2009 at 10:40 am  Deixar un comentario