A sociedade Espartana (II)

Os esquiritas (do grego Σκιρῖται «Skiritai») eran un pobo que vivía nunha rexión montañosa no norte da Laconia na fronteira con Arcadia chamada Esquirítida e tiñan un status social comparable ó dos periecos. Tiñan orixe arcadio e vivían en pobos nun territorio bastante inhóspito aínda que estratexicamente moi importante para Esparta. En época de guerra eran os esquiritas os que formaban un corpo de elite de infantería que loitaba na extrema esquerda da liña de batalla.

Os neodamondes (do grego νεοδαμώδεις «neodamốdeis») eran os hilotas liberados tralo seu servizo como hoplitas no exército lacedemonio. Os neodamondes apareceron, probablemente, por primeira vez na segunda fase da guerra arquidámica, durante os anos 424-421 a. C.
Cando rematou a hexemonía espartana na Grecia os neodamondes probablemente permaneceron en territorio mesenio converténdose en cidadáns das cidades mesenias.

Dentro dos neodamondes había tamén un subgrupo denominado brasideîoi. Estes eran 700 hilotas que participaran como hoplitas na campaña de Brásidas, un xeral espartiata da guerra arquidámica, tras a cal , como recoñecemento á súa lealdade , concedéuselles a liberdade.

Os trófimos (do grego τρόφιμοι, «pupilos» ) eran nenos estranxeiros ou periecos que recibían a educación espartana. Estes eran adoptados temporalmente por un oikos (“familia”, “núcleo familiar”, “fogar”) espartiata. Os trófimos podían acceder ó status social de cidadán.

Os tresantes eran espartiatas que foran privados da cidadanía e da condición de homoioi a causa de mostrar covardía ou desobediencia durante unha campaña militar. Os tresantes eran excluídos do ximnasio, das sisitias,etc. Os concidadán podían golpear neles así que cando camiñasen pola rúa debían ceder o paso. Tamén eran obrigados a afeitarse unha soa parte da barba e a levar roupa sucia así como levantarse ante os seus menores e, en caso de que estivesen solteiros non podían casarse. Ninguén falaba con eles e non podían levar a cabo transaccións legais.
Aínda que ese trato ós tresantes nos lembre a un servo non tiñan nada que ver. Estes, ó contrario que os servos, podían acceder a lugares públicos e ata redimirse na guerra.

Published in: on Marzo 25, 2009 at 10:38 am  Deixar un comentario  

A sociedade Espartana (I)

schoolofaristotle1

Na antiga cidade de Esparta, aínda que había varias clases sociais, só uns poucos tiñan dereitos políticos, e estes eran chamados Homoioi. Os Homoioi eran varóns de máis de trinta anos que tiñan pasada a agogé e que non perderon os seus dereitos. Estes eran descendentes dos dorios que naceran na mesma Esparta.
Ó momento de que estes eran nados dábaselles unha terra xunto a uns hilotas. Hilotas era o nome que recibían os servos de Esparta. Os hilotas, a diferencia dos escravos-mercancía, non podían ser mercados nin vendidos Estes servos debían darlle parte da súa colleita á familia usufrutuaria da terra. A parte de isto en ocasións eran obrigados a asistir ó campo de batalla como auxiliadores ou inclusive a loitar.
Hai que ter en conta que os hilotas superaban en número ós espartanos así que estes mantiñan a raia ós espartanos baixo a constante ameaza dunha revolta. Nambargantes, segundo ía aumentando o número de estes ía aumentando á par a crueldade ca que os espartiatas os trataban chegando ó punto de celebrar anualmente un ritual no que se lles daba caza e os exterminaban chamado Krypteia, do que falaremos máis adiante.

A parte de estas dúas clases sociais, tamén estaban os periecos. Os periecos eran homes ceibes con certos dereitos, agás os políticos, que podían incluso ter cargos de suma importancia e responsabilidade. Estes vivían lonxe do núcleo central espartano, vivindo e traballando nas súas terras, aínda que en asentamentos que estaban baixo a autoridade espartana. Os periecos aínda que eran libres tiñan certas obrigas cara ó Estado. Debían pagar unhas contribucións, uns tributos (coma calquera cidadán espartano) e a manufactura dalgúns produtos.

A parte de estas clases sociais había tamén outras clases intermedias: esquiritas, neodamondes, trófimos e tresantes.

Published in: on Marzo 25, 2009 at 10:36 am  Deixar un comentario