Orixes de Esparta

“Pois se fora desolada a cidade dos lacedemonios (espartanos), e só quedaran os templos e os cimentos dos edificios, penso que ó cabo de moito tempo, os homes do mañá terían moitas dubidas respecto a que o poderío dos lacedemonios correspondera á súa fama. (…) Dado que a cidade non ten templos nin edificios suntuosos e non está construída de forma conxunta, se non formada por aldeas dispersas, á maneira antiga da Grecia, parecería moi inferior. Polo contrario, si lles ocorrera iso mesmo ós atenienses, ó mostrarse ós ollos dos homes do mañá a aparencia da súa cidade conxecturarían que a forza da Atenas era a dobre da real” ( Tucidides, I, 10 ).

400px-sparta_territory

Esparta, tamén chamada Lacedemonia, é unha cidade-estado da antiga Grecia que se situaba entre o Taixetes e o Parnon, na chaira de Laconia, da cal era capital. Era unha das máis poderosas cidades-estado gregas.

Como se reflexa na lenda mítica “O retorno dos Heráclitas” , as orixes da Esparta comezan cunha invasión doria. Os dorios, ó redor do 1100 a. C., chegaron a Grecia formando parte da gran ola de conquistas indoeuropeas. Por mor das circunstancias , os dorios foron conducidos ata o sur, concretamente ó Peloponeso , aínda que tamén a certas illas do Exeo e á costa de Asia Menor. A cultura espartana sería pois un exemplo da sociedade doria e do seu poderío militar, como veremos máis adiante.

Grazas á arqueoloxía podemos saber que Esparta en si só comeza a amosar sinais de asentamento preto de 200 anos despois do colapso da civilización micénica. Catro pobos compuñan a polis espartana, os dous máis preto da acrópole foron os orixinais e os dous pobos de máis lonxe uniríanse despois da fundación. Pode ser que a dobre realeza sexa orixinaria da fusión dos dous primeiros pobos.

Os dorios espartanos conseguiron expandir os seus territorios de forma violenta, dominando ós pobos veciños. Non pasaría moito tempo ata que unha guerra entre os espartanos e o pobo mesenia tivese lugar. Esta guerra duraría vinte anos e remataría ca derrota da Mesenia , que sería obrigada a pagar a metade da súa produción como tributo ós espartanos. A Segunda Guerra Mesenia tería como resultado ,novamente, a derrota dos mesenios mais, nesta ocasión, o territorio sería incorporado ó estado espartano convertendo a Esparta na polis grega de maior extensión territorial.

O poder político da cidade estendíase sobre a poboación de tales terras, mais os espartiatas eran só unha parte de esta. As 4/5 partes eran súbditos dos auténticos espartanos e polo tanto estaban ó seu servizo. Esta poboación que non era espartana dividíase en hilotas e periecos dos que falaremos máis tarde.

Published in: on Marzo 24, 2009 at 11:43 pm  Deixar un comentario