Relixión en Esparta

god_black
A relixión en Esparta ocupou un lugar moito máis importante do que o fixo en outros lugares da Grecia. Entre os espartanos as divindades femininas adquiren moita importancia, como Atenea a cal ten un gran número de advocacións. Nas festas e monumentos das cidades son Ares e Apolo, deuses masculinos, ós que se lles rende un culto particular. Aquiles, Agamenón, Casandra,Helena,… forman tamén parte de ese grupo de deuses os cales eran adorados polos espartanos.

Os sacerdotes tiñan un papel moi importante na cidade de Esparta. Estes tiñan como encargo realizar sacrificios públicos os cales eran moi valorados. Antes de partir á guerra facíaselle un sacrificio ó deus Zeus e, antes da batalla, outro a Ares. O respecto que os espartanos tiñan polos sinais divinos era tal que podían chegar a abandonar o campo de batalla perante augurios desfavorables.

Published in: on Marzo 25, 2009 at 1:41 pm  Deixar un comentario