Solucións a problemas ca web

Se tes problemas para abrir o arquivo que descarregaches da sección de “{ Libro Dixital” aquí che dou algunhos consellos a seguir.

Báixate un lector de arquivos “.pdf”. De seguido déixoche un:

> Descarregar (Para Windows)

Por outra parte se tes problemas ó reproducir vídeos o que debes facer e descarregar a última versión do Flash Player ( fai click  >AQUÍ<  para descarregar  ). Nambargantes, si o que sucede e que mentras estas  a ver os vídeos che aparece unha mensaxe informándote de que xa viches 60 minutos pois o que podes facer é:

1. Agardar.

2. Reiniciar o router para mudar de dirección IP e así poder seguir a ver o vídeo.

3. Descarregar o vídeo. Para isto terás que facer unha pesquisa no Google. Máis tarde porei eu as ligazóns ó carón do video para que non                      perdades tempo.

Published in: on Marzo 27, 2009 at 2:08 pm  Deixar un comentario  

[Libro Dixital] Esparta: Cidade e Sociedade

Escribín , durante estos días, este libro dixital que chamei “Esparta: Cidade e Sociedade” e no que poderás atopar todo tipo de información sobre Esparta, con fotografías e outros  tantos detalles.

É totalmente gratuito e podelo modificar,copiar,… de todo, mentras cites ó autor orixinal (eu, Ivan P. Río ou o meu sobrenome Brais Das Pontes)  e digas tamén onde conseguir unha copia do orixinal.

Podes descarregalo  facendo click na seguinte ligazón:

> Descarregar

E si tendes problemas con esa ligazón podes usar calquera destas outras:

> Ligazón 2
> Ligazón 3
> Ligazón 4
> Ligazón 5
> Ligazón 6
> Ligazón 7
> Ligazón 8

Published in: on Marzo 27, 2009 at 1:53 pm  Comments (2)  

Ximnopedias

corybantian_dance_from_smiths_dictionary_of_antiquities_saltatio_article

Os rapaces de Esparta, ademais de adestrarse, tiñan que participar nunha celebración que se levaba a cabo no verán. Esta celebración era chamada Ximnopedia ( do grego antigo “Γυμνοπαιδίαι” ) e consistía en que durante a celebración, os rapaces, espidos, demostrasen as súas habilidades de loita e baile.

Este costume introduciuse no 668 a. C., xunto ca introdución de practicar atletismo espidos, bañando o corpo en aceite para exaltar a súa beleza.

Este tipo de espectáculo adicábaselle a Apolo e probablemente tamén a Atenea , segundo Plutarco, e como espectadores só estaban permitidos homes (lacedemonios, estranxeiros e hilotas) aínda que os homes de máis de 30 anos que estivesen solteiros eran excluídos da asistencia.

Published in: on Marzo 27, 2009 at 1:25 pm  Deixar un comentario  

Espartatlón

spartathlon11O espartatlón e unha carreira de 246 quilómetros que dende o 1983 se leva a cabo entre Atenas e Grecia.

Esta carreira trata de seguir os pasos de Filípides, o mensaxeiro ateniense que foi enviado a pedir axuda a Esparta na Batalla de Maratón. Segundo o historiador Herodoto, Filípides chegou a Esparta un día despois de saír de Atenas. Baseándose niso, o comandante das RAF británicas John Foden e outros catro oficiais viaxaron a Grecia no 1982 para comprobar si era posible levar a cabo tal fazaña. Un ano despois, unha serie de patrocinadores organizaron a primeira Carreira Internacional de Espartathlón.

O último gañador masculino foi Scott Jurek (EUA) , e a última gañadora feminina foi Sook-Hue Hur (Corea do Sur) , ambos no 2008.

Published in: on Marzo 27, 2009 at 1:23 pm  Deixar un comentario  

Pederastia en Esparta

250px-erastes_eromenos_staatliche_antikensammlungen_1468En Esparta era normal a relación entre un home e un rapaz, pois os espartanos crían que isto era esencial para a formación do adolescente como cidadán e crían, tamén, que se un rapaz non atopaba un amante sería unha deshonra para el. Mais, isto non só era cousa de rapaces, pois as mulleres tiñan tamén unha relación similar cas rapazas.

En Esparta, como na maioría das outras polis gregas, era o home quen tiña que seducir ó rapaz, mais en esta ocasión a súa liberdade non era de todo completa. Si do rapaz se namoraban dous homes ,un rico e outro pobre, e o rapaz escollía ó rico, os maxistrados sancionábano pola súa cobiza. Nambargantes, os ámbolos dous homes podían facerse amigos para facer do rapaz un bo cidadán. Aínda así, era o rapaz o que debía pedirlle ó home que fose o seu mentor para evitar así que os rapaces caesen na fachenda.

Aínda que moitos antigos escritores gregos afirman que a relación entre ámbolos dous amantes era totalmente casta e que era impensable que estes mantivesen relacións sexuais entre eles (e si se mantiñan eran expulsados ou debían pagar cas súas propias vidas) hai que dicir que se atoparon en 1898 graffitis nas rochas dun acantilado na illa de Tera, unha illa colonizada polos espartanos, onde se podían ver conquistas sexuais masculinas.

O caso das rapazas era similar. Esperábase que estas tivesen unha amante feminina, aínda que non se teñen moitas fontes ó respecto.

En Esparta celebrábase a Xacintia, que era unha das celebracións máis importantes, en honor a Xacinto, un mítico príncipe de Esparta e amante de Apolo. Estas duraban tres días: o primeiro día ofrecíanse sacrificios ós mortos, o segundo día era unha celebración onde se tocaba e se cantaba á gloria de Apolo e o terceiro día crese que era igual de solemne que o primeiro día.

As Xacintias eran tan importantes que, segundo Xenofonte, os espartanos interrompían as súas campañas militares para regresar e participar nesas festividades.

Published in: on Marzo 27, 2009 at 1:19 pm  Deixar un comentario  

O León de Esparta (1962)

Hoxe atopei esta película que,aínda que é do 1962, está moi ben.  Déixovos a sinopse a continuación.

Ó mando do rei Leónidas, a penas 300 soldados agardan para facer fronte ó impresionante exército persa na batalla das Termópilas. Aínda que non conseguirón recrutar a todos os soldados que necesita para defender a un porto de montaña crucial dos ataques do rei persa Xerxes, Leónidas preparase impetérrimo para a batalla. Alguén o advirte de que o inimigo lanzará contra o seu minúsculo continxente tantas frechas que “escurecerán o ceo”…

O director é Rudolph Maté e temos no reparto a Richard Egan, Ralph Richardson e Diane Baker entre outros. Dura 109 minutos e por desgraza só a atopei en español mais tendes por ahí subtítulos en portugués , así que non hai problema.

>> FAI CLICK AQUÍ PARA VER O FILME <<

Published in: on Marzo 27, 2009 at 10:38 am  Deixar un comentario  

A Actual Esparta

mission_clip_image002_0005O rei Otón I de Grecia, no século XIX despois da Guerra da independencia de Grecia, fixo que unha cidade se erguese no lugar onde se atopaba a antiga Esparta. Esta cidade foi construída ca intención de crear unha das cidades máis fermosas en Grecia con varios parques e bulevares. Actualmente Esparta é a capital administrativa da prefectura grega de Laconia. Atópase na costa do río Eurotas, e destaca pola súa elaboración de cítricos.

A pesar de que antigamente os espartanos eran, como dixemos antes, xente de poucas palabras, actualmente nada ten que ver. Igualmente a cidade xa non ten o poderío político que tivo antigamente e ó vela parece unha cidade de segunda categoría.

A cidade atópase preto das ruínas do teatro e a acrópole da antiga polis e pódese acceder facilmente ós restos.

Na cidade tamén se atopa un santuario de Artemis Orthia (protectora de nenos e adolescentes), un museo arqueolóxico e o Museo do Aceite de Oliva.

Xente famosa da actual Esparta son:Stamatis Bitakos (campión mundial de Muay Thai), Dimitris Nifakos (poeta) e Zaxaraios Pentalakos (o fundador da revolución grega en contra dos otomanos) entre outros.

Published in: on Marzo 26, 2009 at 3:32 pm  Deixar un comentario  

Curiosidades de Esparta

A parte de guerras, adestramentos extremos, asasinatos,etc., salientan tamén outras cousas ó redor do mundo dos espartanos.

Unha das cousas que caracterizaba a esta xente era o laconismo. O laconismo é unha forma de expresarse concisa e brevemente, cas palabras xustas mais dunha forma enxeñosa. Isto e especialmente útil para evitar discursos longos e demagóxicos. Ademais, durante a educación que os espartanos recibían, esixíaselles que falaran pouco e iso tamén se estendía ás súas casas e familias.

Este termino ten a súa orixe nunha antiga anécdota. Estando sitiados os poboadores de Laconia, os sitiadores enviaron a un mensaxeiro para pedir a rendición dos sitiados. Á pregunta “Son conscientes de que de non renderse cando entremos destruiremos por completo a súa cidade?” A resposta que recibiron por parte do comandante de Laconia foi “Sí”. Dende entón usase “lacónico” para algo breve e conciso.

Existe tamén a Laconofilia. Isto é o amor ou admiración por Esparta e a súa cultura ou constitución. Os espartanos, ó contrario que os atenienses, eran admirados non pola súa arte ou literatura, senón pola disciplina e carácter dos seus cidadáns.

Published in: on Marzo 25, 2009 at 3:11 pm  Deixar un comentario  

Guerras de Esparta (II)

soldadoPasaría tempo ata que unha nova guerra aparecería. A Segunda Guerra Médica.

Morre Darío, e o seu fillo Xerxes fíxose co poder para máis tarde iniciar novamente o ataque a Grecia. Antes disto enviara a Grecia embaixadores que pedirían auga e terra, símbolos de sumisión. Foron moitas cidades as que aceptaron, mais non Esparta nin Atenas. Segundo a historia, cóntase que Esparta respondeu ós embaixadores dicindo «Teredes toda a terra e auga que queirades», e acto seguido tiráronos a un pozo.

Xerxes saíu xunto a uns 500.000 homes cara Grecia no 480 a. C.

Nunha pasaxe de Heródoto contásenos que para atravesar o Helesponte (un estreito entre Europa e Asia) construíron unha ponte de barcas para atravesalo, mais por mor dunha tormenta estes foron destruídos. De seguido Xerxes culpou ó mar, enviando a torturadores a que deran mil lategazos á auga como castigo.

Finalmente Xerxes, xunto cos seus homes, cruzou o mar. As flotas ían avanzando pola costa,bordeándoa, mais os helenos decidiron detelos o máximo tempo posíbel no desfiladeiro das Termópilas. Alí estaba, segundo Heródoto, o rei Leónidas I xunto a 300 espartanos e 1.000 aliados doutras cidades-estado gregas, para máis tarde loitar co exército persa.

Naquel desfiladeiro o exército persa non podía usar a súa cabalería e a súa superioridade numérica non lles servía de nada e as loitas leváronse a cabo con similar número de efectivos en cada ataque.

Segundo Plutarco, Xerxes intentaría evitar o combate por todos os medios enviando cartas ó rei espartano dicíndolle que lle daría o goberno de Grecia si este deixaba as súas armas e se pasaba ó lado persa. Leónidas respondería a tal mensaxe da forma característica dos Lacedemonios, “Vinde buscalas!”.

Xerxes, ó ver que a súa estratexia non daba resultado, enviou ós seus 10.000 Inmortais (o corpo de elite da infantaría persa) a combater, mais estes rematarían coma o resto do exército persa.

Mais, un traidor chamado Efialtes axudou a Xerxes a ir a través dos bosques para chegar á retagarda do exército espartano.

Leónidas I, deixando marchar ós que querían facelo, quedou el só xunto a 300 espartanos e 700 hoplitas nos seus postos. Despois de matar 10.000 persas caerían mortos.

A Guerra do Peloponeso non tardaría moito en estoupar. Atenas abandonaría a Liga Panhelénica para fundar a Liga de Delos. Esparta intentaba invadir Ática mentres Atenas estaba a atacar as costas do Peloponeso. Este período da guerra rematou a firma da Paz de Nicias. Nambargantes, non pasou moito tempo ata que apareceron novas batallas no Peloponeso. Atenas enviou unha expedición a atacar Siracusa (en Sicilia), mais esta remataría totalmente destruída. Máis tarde, Esparta, ca axuda de Persia, apoiaría rebelións en estados que estaban baixo o dominio de Atenas. Isto faría que a Liga de Delos se fose debilitando pouco a pouco para finalmente conseguir que Atenas se rendese.

Esparta converteuse no maior poder de Grecia. Promoveríase a oligarquía dos Trinta Tiranos para gobernar Atenas, o que desencadearía un conflito entre este tipo de goberno e a democracia ateniense, transformando as guerras civís en algo típico de Grecia. Este sería o final da época dourada de Grecia.

Published in: on Marzo 25, 2009 at 3:07 pm  Deixar un comentario  

Guerras de Esparta (I)

grwar

aEsprta era unha cidade moi militarizada chea de fortes guerreiros que dende pequenos levaban un duro adestramento, así que non era de dubidar que tamén houbese guerras na súa historia. As guerras que máis destacan son as Médicas e as do Peloponeso xunto as batallas de Maratón e das Termópilas.

Guerras Médicas foi o nome que se lle deu ó enfrontamento durante o século V a. C entre algunhas cidades-estado gregas e o Imperio Persa. Á orixe do adxectivo “médicas” provén de que os gregos usaban esa palabra para denominar ós persas, aínda que Media (Oriente Medio) non era senón unha rexión sometida ó Imperio Persa.

A causa da susodita guerra foi a sublevación dos xonios debido á opresión levada a cabo polos persas. Estes sufriran grandes golpes como a caída de Síbaris (un apoio vital do seu comercio),a conquista de Naucratis e Bizancio, entre outras cousas. Aristágoras (tirano da cidade xonia de Mileto) mobilizou as cidades xónicas e pediu axuda á hélade, da cal so recibiu axuda de Atenas e Eretria que enviaron vinte barcos e cinco naves respectivamente; Esparta non ofreceu a súa axuda.

O exército grego atacou a cidade de Sardes mentres a súa flota recuperaba Bizancio, mais Darío I enviou un exército que destruíu ó exercito grego. Os persas foron conquistando novamente as cidades xónicas e máis tarde destruíron Mileto, morrendo a maioría da poboación, e os superviventes foron convertidos en escravos.

Máis tarde Darío I quixo castigar a intervención de Atenas e Eretria e enviou ó seu sobriño Artafernes e ó nobre Datis. 600 trirremes con 40000 combatentes saíron do porto e encamiñáronse directamente a Eubea. Esta foi totalmente destruída ,templos inclusive, e os seus habitantes foron deportados a Asia. Logo, o exército persa desembarcou en Maratón onde se desencadearía unha batalla.

Os atenienses foron os primeiros en facerlles fronte. Enviaron a Filípides (campión dos Xogos Olímpicos) a Esparta para pedir axuda, o cal chegou á cidade en 48 horas despois de correr 240 quilómetros. Os espartanos, debido a razóns relixiosas, non podían loitar ata tres días despois. Atenas , cun pequeno número de homes (crese que 10.000 ou 15.000), púxose en pé de guerra.

Ante a coraxe e o ataque ateniense, os persas non puideron resistir así que intentaron fuxir mentres os gregos corrían tras eles e mataban a canto home pillaban. Os atenienses puideron facerse co poder de sete naves persas, mais o resto do exército embarcou e dirixíronse a Atenas, agardando atoparse cunha cidade desprotexida.
Milcíades ordenou dirixirse rapidamente a Atenas e enviou diante a Filípides. Segundo a tradición, chegou á cidade despois de correr 42 quilómetros e nada máis proclamar a vitoria caeu morto do esgotamento, aínda que se cree que puido ser polas feridas do combate. Horas máis tarde as tropas chegaron finalmente a Atenas e os persas, ante tal poder defensivo dos gregos, decidiron non desembarcar e dirixiu as naves a Asia Menor.

Published in: on Marzo 25, 2009 at 3:00 pm  Deixar un comentario