Guerras de Esparta (II)

soldadoPasaría tempo ata que unha nova guerra aparecería. A Segunda Guerra Médica.

Morre Darío, e o seu fillo Xerxes fíxose co poder para máis tarde iniciar novamente o ataque a Grecia. Antes disto enviara a Grecia embaixadores que pedirían auga e terra, símbolos de sumisión. Foron moitas cidades as que aceptaron, mais non Esparta nin Atenas. Segundo a historia, cóntase que Esparta respondeu ós embaixadores dicindo «Teredes toda a terra e auga que queirades», e acto seguido tiráronos a un pozo.

Xerxes saíu xunto a uns 500.000 homes cara Grecia no 480 a. C.

Nunha pasaxe de Heródoto contásenos que para atravesar o Helesponte (un estreito entre Europa e Asia) construíron unha ponte de barcas para atravesalo, mais por mor dunha tormenta estes foron destruídos. De seguido Xerxes culpou ó mar, enviando a torturadores a que deran mil lategazos á auga como castigo.

Finalmente Xerxes, xunto cos seus homes, cruzou o mar. As flotas ían avanzando pola costa,bordeándoa, mais os helenos decidiron detelos o máximo tempo posíbel no desfiladeiro das Termópilas. Alí estaba, segundo Heródoto, o rei Leónidas I xunto a 300 espartanos e 1.000 aliados doutras cidades-estado gregas, para máis tarde loitar co exército persa.

Naquel desfiladeiro o exército persa non podía usar a súa cabalería e a súa superioridade numérica non lles servía de nada e as loitas leváronse a cabo con similar número de efectivos en cada ataque.

Segundo Plutarco, Xerxes intentaría evitar o combate por todos os medios enviando cartas ó rei espartano dicíndolle que lle daría o goberno de Grecia si este deixaba as súas armas e se pasaba ó lado persa. Leónidas respondería a tal mensaxe da forma característica dos Lacedemonios, “Vinde buscalas!”.

Xerxes, ó ver que a súa estratexia non daba resultado, enviou ós seus 10.000 Inmortais (o corpo de elite da infantaría persa) a combater, mais estes rematarían coma o resto do exército persa.

Mais, un traidor chamado Efialtes axudou a Xerxes a ir a través dos bosques para chegar á retagarda do exército espartano.

Leónidas I, deixando marchar ós que querían facelo, quedou el só xunto a 300 espartanos e 700 hoplitas nos seus postos. Despois de matar 10.000 persas caerían mortos.

A Guerra do Peloponeso non tardaría moito en estoupar. Atenas abandonaría a Liga Panhelénica para fundar a Liga de Delos. Esparta intentaba invadir Ática mentres Atenas estaba a atacar as costas do Peloponeso. Este período da guerra rematou a firma da Paz de Nicias. Nambargantes, non pasou moito tempo ata que apareceron novas batallas no Peloponeso. Atenas enviou unha expedición a atacar Siracusa (en Sicilia), mais esta remataría totalmente destruída. Máis tarde, Esparta, ca axuda de Persia, apoiaría rebelións en estados que estaban baixo o dominio de Atenas. Isto faría que a Liga de Delos se fose debilitando pouco a pouco para finalmente conseguir que Atenas se rendese.

Esparta converteuse no maior poder de Grecia. Promoveríase a oligarquía dos Trinta Tiranos para gobernar Atenas, o que desencadearía un conflito entre este tipo de goberno e a democracia ateniense, transformando as guerras civís en algo típico de Grecia. Este sería o final da época dourada de Grecia.

Published in: on Marzo 25, 2009 at 3:07 pm  Deixar un comentario  

Guerras de Esparta (I)

grwar

aEsprta era unha cidade moi militarizada chea de fortes guerreiros que dende pequenos levaban un duro adestramento, así que non era de dubidar que tamén houbese guerras na súa historia. As guerras que máis destacan son as Médicas e as do Peloponeso xunto as batallas de Maratón e das Termópilas.

Guerras Médicas foi o nome que se lle deu ó enfrontamento durante o século V a. C entre algunhas cidades-estado gregas e o Imperio Persa. Á orixe do adxectivo “médicas” provén de que os gregos usaban esa palabra para denominar ós persas, aínda que Media (Oriente Medio) non era senón unha rexión sometida ó Imperio Persa.

A causa da susodita guerra foi a sublevación dos xonios debido á opresión levada a cabo polos persas. Estes sufriran grandes golpes como a caída de Síbaris (un apoio vital do seu comercio),a conquista de Naucratis e Bizancio, entre outras cousas. Aristágoras (tirano da cidade xonia de Mileto) mobilizou as cidades xónicas e pediu axuda á hélade, da cal so recibiu axuda de Atenas e Eretria que enviaron vinte barcos e cinco naves respectivamente; Esparta non ofreceu a súa axuda.

O exército grego atacou a cidade de Sardes mentres a súa flota recuperaba Bizancio, mais Darío I enviou un exército que destruíu ó exercito grego. Os persas foron conquistando novamente as cidades xónicas e máis tarde destruíron Mileto, morrendo a maioría da poboación, e os superviventes foron convertidos en escravos.

Máis tarde Darío I quixo castigar a intervención de Atenas e Eretria e enviou ó seu sobriño Artafernes e ó nobre Datis. 600 trirremes con 40000 combatentes saíron do porto e encamiñáronse directamente a Eubea. Esta foi totalmente destruída ,templos inclusive, e os seus habitantes foron deportados a Asia. Logo, o exército persa desembarcou en Maratón onde se desencadearía unha batalla.

Os atenienses foron os primeiros en facerlles fronte. Enviaron a Filípides (campión dos Xogos Olímpicos) a Esparta para pedir axuda, o cal chegou á cidade en 48 horas despois de correr 240 quilómetros. Os espartanos, debido a razóns relixiosas, non podían loitar ata tres días despois. Atenas , cun pequeno número de homes (crese que 10.000 ou 15.000), púxose en pé de guerra.

Ante a coraxe e o ataque ateniense, os persas non puideron resistir así que intentaron fuxir mentres os gregos corrían tras eles e mataban a canto home pillaban. Os atenienses puideron facerse co poder de sete naves persas, mais o resto do exército embarcou e dirixíronse a Atenas, agardando atoparse cunha cidade desprotexida.
Milcíades ordenou dirixirse rapidamente a Atenas e enviou diante a Filípides. Segundo a tradición, chegou á cidade despois de correr 42 quilómetros e nada máis proclamar a vitoria caeu morto do esgotamento, aínda que se cree que puido ser polas feridas do combate. Horas máis tarde as tropas chegaron finalmente a Atenas e os persas, ante tal poder defensivo dos gregos, decidiron non desembarcar e dirixiu as naves a Asia Menor.

Published in: on Marzo 25, 2009 at 3:00 pm  Deixar un comentario